sábado 17 de mayo de 2008

DIPTICO en modo menor. tribulacións dun insomne I (lembranzas)

UN DOUS TRES SETE...

hoxe ou mañá ou non sei porque non sei se onte e hoxe son o mesmo día, un imsomne irredente tende a fundir horas con horas dias con noites, datas con datas.. as empata, as funde e sen saber moi ben como nen porque perde a noción de que día ou noite é, máis conserva días especiais... días que son semanas e meses e anos de lembranzas por exemplo...

lembrome de alguén con alma de neno... hoxe ou onte ou mañá.. quizais sexa porque é imposibel esquecelo


Unha semana de lembranzas, un día de especial lembranza para moitos de nós. Empeza a vir o calor e coma sempre non podo durmir...

lonxe do mar é o titulo dunha fermosa habanera, dun poema de benedetti e deste blog que de cando en vez non oculta as súas fontes, as súas raíces, as súas lembranzas...

porque esquecer é morrer unha segunda vez...

hoxe 17 de maio, estou sen forzas da festa de onte, mellor así golpear as tecras entre a vagancia, o cansanzo e algunha bruma da noite anterior que con frenetica arroutada emocional e pasaxeira (quen demo quere ser imparcial neste mundo), quizais sinal de que as lembranzas aínda que vívidas e presentes van serenando a miña alma pouco a pouco e ocupando o seu oco, hoxe 17 de maio coma toda a semana as lembranzas abafan a un, hoxe 17 de maio gostaria de contarche os meus novos proxectos mister, hoxe 17 de maio aínda hai cousas que xamais mudarán en Ribadeo, hoxe 17 de maio aínda non podo durmir así que esgotado do concerto de onte e a feliz oubeada tamén esgotei a miña capacidade para durmir...

ogallá non esgote a miña capacidade para soñar, esa que Hernán Naval pouco a pouco foi espertando, mimando e liberando... esa alma de nenos , esa alma musical que nos fixo descubrir en nós mesmos a xeracións de nenos... ese gran regalo que nos fixo a todos nós...

Gustaría dos oubeos e do clan dos cadeliños?
Estou seguro de que sí... seguro que onte escapaba cara o Mardi... a tomar unha cervexiña con nós...

...............Tira o chicle coño............... unha gran frase da miña infancia... en fin


4 Comments:

Anonymous Santi said...

"Apreta a barrigola!" H. N.

17/5/08 10:12  
Blogger Mariano Grueiro said...

Pasan os anos e seguimos sen esquecelo.
Unha raiola de luz no medio do flechi-ria

18/5/08 00:51  
Blogger ajaspino said...

Un, dous, tres... sete. E xa van sete anos sen el. Increible que sobrevivíramos.

18/5/08 22:35  
Blogger Fuji said...

sobrevivir esa é a palabra... imos sobrevivindo... sobrevivir é fácil e sinxelo... traballar a reo, ver a tele esgotado do traballo, algun café e volta a empezar a cadea cada día.....
vivir, vivir é o fodido e o díficil.. e vivir sen él.. aínda hai días que custa de carallo meu

19/5/08 00:08  

Publicar un comentario en la entrada

Links to this post:

Crear un vínculo

<< Home