sábado 17 de mayo de 2008

DIPTICO en modo menor. Tribulacións dun insomne II. (leituras)

ARREDOR DA MEDIANOITE

Hernán Naval


a este país
non direi ao meu país
fáltalle sordidez por inteiro

hai brétema a partir dos cincocentos metros
en chairas e maís nas cunetas con rego de auga clara
no canto das tebras a trece cuartas do asfalto rectilíneo
casemente
porque se reiteran curvas sen pintura en ascenso
no canto das aceras con borde marelo
e cuspes e chicles e gasoil

as mans neste país de moderado estrépito
manchan de arcodavella por máis que tamén de negro
manet quixera ollalas en marelo repulsivo
de fumador sen tregua empedernido rimaria

e neste país por certo falando de cores
sobra verde que verso tan obvio
e escasea branco e negro e mortos a tiros por ferrado urbano
que non sexa a horta intramuros en Lugo

neste país que non teño chove correctamente sobre as gravatas escasas
maís a auga non apoza as ás dos chapeus que non hai
o índice de borrachos o poeta inclusive ben

ah pero a este país do que me arrepinto
fáltalle un negro soprando un saxofón tenor
round midnight

"vou canso de todo menos da música"


0 Comments:

Publicar un comentario en la entrada

Links to this post:

Crear un vínculo

<< Home