Doulle difusión o programa "Redes" da pasada semana. Nesta edición pegaronlle un repasiño ó sistema educativo, e incluiu unha entrevista con Ken Robinson. Interesante o seu resume do onde, dos porqués e do como fomos quen de chegar a este sistema educativo-productivo de hoxe en día.
Un sistema, coma todo sistema, que tende a reproducirse a sí mesmo a través dos seus elementos, os profes entre eles, e onde quizais, ditos elementos sexan á vez os máis importantes axentes de cambio. O mesmo tempo convertense con certa facilidade en quenes fan que nada cambie e fagamos o mesmo de sempre ano tras ano,....
..e total: "sempre se fixo".
Hai de todo, así que, e logo ti de quen ves sendo? Porque algunha decisión hai que ir pensando.
0 comentários:
Enviar um comentário