O colectivo cultural Buril residente na veciña Burela, o meu recén estreado fogar musical, sumase a estes múltiples homenaxes que se están a facer cara a figura de
Hernán Naval. O "Míster" ademáis de termar da batuta de moitos proxectos, tamén escribía e compuña. Durante os anos 1985-1990 colaborou con dita asociación, da maneira que mellor se lle daba, axitando ventos nas páxinas escritas que inzasen velas culturais e puxesen en marcha embarcacións cheas de proxectos (hoxe sería feliz cun blog, dende logo que sí).
Saiu do prelo a edición facsímile da revista O Trasno, na que Hernán ademais de colaborar compuxo unha peza, será presentada mañá, sábado 30 de abril, ás 20 00 horas no auditorio da casa de cultura de Burela. No acto de presentación da revista participarán a Coral Polifónica de Burela e a Banda de Música de Burela, que estrean (estreamos, gracias por chamarme, Roberto) a peza
Requiem?, composta especialmente por Hernán Naval para o último número de O Trasno. .
Alí estarei, prometido.
2 comentários:
Tamén estaría eu se o tivera sabido antes...
Andá, que calado o tiñas. Xa poderías ter avisado disto. Pois se podo, aló estarei eu tamén.
Lévasme?
Enviar um comentário