Hoxe actualizo dende un rincón acolledor e novo na facultade de educación: o curruncho de leitura da biblioteca.
Todo comezou un bo día, nunha boa mañá e de maneira sinxela: ¿Pensastedes algunha vez en poñer un pequeno recuncho de leitura para desfrutar neses anaquiños mortos entre clases dalgún libro?. Pois non, pero parecenos boa idea, espera un momentiño que imos chamar á responsabel da biblioteca..
Realmente debería haber máis recunchiños así, sempre me preguntei porque as bibliotecas sempre tiveron as sillas tan incómodas se unha función das mesmas é fomentar a leitura. ¿Por qué, en vez de ser lugares de paso, cruces de camiños, non poden ser lugares de quedarse, de repoñer forzas e enerxías, de dispersarse un anaquiño, perderse nas estanterías coma nos perdemos surfeando no anonimato da rede. Pero claro, para que un decida quedarse debe de estar cómodo e sentirse ben. Unha gran paradoxa, agora que existen libros viaxeiros, o mellor temos que crear sitios para pararnos a ler neste mundo que vai tan rápido.
Velaí queda a idea, libre e inmaterial para quen a queira recoller.Deica outra.
PD: Só lle falta que poñan un grifo de cervexa e unha cafetera.;)

2 comentários:
eh?? qué chulo? pero existe? quero velooooooooooooooo
vaite por alí, esta na planta baixa da biblioteca o final de todo. Xa podo dicir que o meu paso pola universidade foi productivo..
;)
só había que preguntar, así de fácil.
Enviar um comentário