Vía correo, enterome de que arredor destes días puxose a andar un blogue ribadense que analiza a información de cara as eleccións do 22 de Maio. Un caderno que xira arredor da comunicación referida á política, un enfoque coido que moi interesante. Será unha boa referencia quizais, nestas eleccións tan convulsas que promete Ribabebo. Por se tedes interese, velaí queda.
O autor Suso López, ou Susín de Remourelle como se coñece por estas terriñas, que o mesmo colle a súa trompeta, que presenta un evento na escola de música, que se sumerxe nun Master de investigación en Comunicación e Xornalismo. Unha forte aperta cara a Remourelle.
0 comentários:
Enviar um comentário