O departamento de Servizos Socioculturais e á Comunidade do IES Dionisio Gamallo Fierros e máis a delegación de Cultura, Muller e Educación do Excmo. Concello de Ribadeo, en colaboración coa Universidade da Coruña, organizan o V curso temático de verán sobre educación infantil na Mariña que terá lugar os vindeiros 25 e 26 de xuño de 2011 no Cine-Teatro de Ribadeo.
A temática elixida para este ano é a educación a través do ritmo e a música na escola infantil.
Este curso está orientado para mestras/es; diplomadas/os e estudantado de Maxisterio; Técnicas/os en Escola Infantil ou en Xardin de Infancia; alumnado de Ciclo de Grao Superior en Educación Infantil; Auxiliares e Coidadoras/es de Escolás Infantís; persoal dos Servizos Sociais; e todas aquelas persoas que teñan interese na materia.
Para máis información podedes poñervos en contacto con:
- Centro de Información ás Mulleres de Ribadeo (CIM): 982.120.739 ou cim@ribadeo.org
- IES Dionisio Gamallo Fierros: 982.128.098 ou ies.dionisio.ribadeo@edu.xunta.es

2 comentários:
Vai cartelazo! sorte nos exames! xa che queda menos ;)
grazas, o cartel é fantástico nonsi?
Enviar um comentário