09/11/2011

ti naciche cansad@ oh!!

"Indefinida plural" é un traballo que trata de sensibilizar sobre a fibromialxia, enfermidade dobre, unha pola súa propia problemática e outra pola invisibilidade social e prexuizos que hai sobre ela. Leo sobre él no caderno de Ribadeo Muller.

Situacións laborais, personais, familiares.. son totalmente impermeables a coñecida como "enfermidade do cansancio";. pero a dor está ahí, a dor e a frustración de que se o contas, aínda din: queixaste de vicio.

Iso sí, despois da tua xornada laboral, virá a outra, a da casa, a invisibel. Probas durante anos, miles de diagnósticos, e viaxes continuos en procesión a distint@s especialistas levaron vai un ano a diagnosticarlle a miña nai dita enfermidade. Así que o compromiso de difusión deste vídeo é dobre, dunha banda pola coeducación e doutra pola conciliación.  ;)


 

0 comentários: